Hoxe 17 de maio é o Día das Letras Galegas, festa que se celebra dende 1963 coa primeira figura homenaxeada, Rosalía de Castro.
Neste ano 2008 a figura homenaxeada é Xosé María Álvarez Blázquez, pódese repasar a vida e obra de quen foi non só escritor, tamén editor, cronista, articulista, investigador e arqueólogo.
O seu fillo Celso Álvarez Cáccamo mantén viva a memoria do seu pai a través dunha páxina web, onde se pode destacar a súa galería fotográfica como unha especie de biografía visual.
[Wikipedia-ES | Día de las Letras Gallegas]
Loopings
Hace 35 minutos






pois si, un día para lembrar que o galego é de todos... para reivindicar que non se use como arma política! bicos galegos!
Eu estiven celebrando o Día das Letras Galegas nunha festa que o Concello de Vigo organizou no Parque Municipal Quiñones de León. Atopei a festa por pura casualidade, pero así e todo aproveitamos algunha actividade que había para os nenos, que o pasaron en grande.
Eu, Galego, como dí o lema... Je!Je"
Saudos ;-)
Hay que promocionar o galego, pero non un día, todo o ano.
Mellor que un día das letras galegas festivo, manter o festivo pero facer a semana da cultura galega nas escolas de Galiza.
Un saudo a todos y bicos galegos a astra.